jueves, 21 de noviembre de 2013

O castiñeiro



 Clemen, Uxía, Gabriela,Andrea González

O castiñeiro é unha árbore de moito tamaño e longa vida, moitos teñen máis de cen anos e din que algún pasan de mil.

As flores sáenlle no verán e no outono, os froitos son as castañas, que están protexidas polos ourizos.

No mes de outubro os ourizos empezan a regañar e saen as castañas.

O castiñeiro é unha árbore de folla caduca: as follas cáenlle no outono e saen en primavera

A madeira de castiñeiro é dura, por iso, se aproveita para facer mobles.


Brais , Naiara, Daniela, Andrea Alonso,
Hoxe en día o castiñeiro atópase en perigo por diversos motivos, un deles son as enfermidades á causa da contaminación e ao uso de herbicidas e pesticidas e outro non menos importante vén da mano do home que corta as árbores para obter a preciada madeira sen preocuparse de repoboar.
 
Antigamente, a castaña era a base da alimentación das familias galegas.