jueves, 24 de octubre de 2013

Visita a Apípolis

O día 18 de outubro os rapaces e rapazas do Terceiro Ciclo visitamos Apípolis, un centro para a comprensión das relacións existentes entre as persoas e as abellas. Alí, adicamos a xornada a facer varios obradoiros sobre a obtención do mel e outros produtos das abellas, a vida das colmeas e o traballo do apicultor.
Achegámonos a un apiario, ben protexidos polos nosos traxes de apicultores, para ver unha colmea de preto, e aínda que pasamos un pouquiño de medo, foi moi divertido.