Os rapaces e rapazas de 6º de Primaria, xunto cos nosos compañeiros de 5º, desprazámonos ata Apípolis o 18 de outubro para entrar en contacto co mundo das abellas. Nas instalacións esperáronnos uns monitores que nos foron explicando o comportamento das abellas e a súa vida en comunidade. Tamén nos explicaron o traballo dos apicultores e os produtos que extraemos das colmeas. Así mesmo salientaron a importancia das abellas para a polinización e, polo tanto, para a reprodución das plantas.