Clemen, Uxía, Gabriela,Andrea González |
O castiñeiro é unha árbore de moito tamaño
e longa vida, moitos teñen máis de cen anos e din que algún pasan de mil.
As flores sáenlle no verán e no outono, os
froitos son as castañas, que están protexidas polos ourizos.
No mes de outubro os ourizos empezan a
regañar e saen as castañas.
O castiñeiro é unha árbore de folla
caduca: as follas cáenlle no outono e saen en primavera
A madeira de castiñeiro é dura, por iso, se aproveita para facer mobles.
Hoxe en día o castiñeiro atópase en perigo por diversos motivos, un deles son as enfermidades á causa da contaminación e ao uso de herbicidas e pesticidas e outro non menos importante vén da mano do home que corta as árbores para obter a preciada madeira sen preocuparse de repoboar.
Brais , Naiara, Daniela, Andrea Alonso, |
Antigamente, a castaña era a base da alimentación das familias galegas.