martes, 19 de noviembre de 2013

O magosto

Era unha mañá dun mércores tranquila e soleada, perfecta para facer o magosto. A verdade é que non tardamos moito en chegar ao monte. Polo camíño iamos traxinando, os meus compañeiros e mais eu, o que iamos facer. Un mundo de posibilidades! Xogar a guerras medievais, facer fortes impresionantes, batallas como gladiadores...
A min e aos meus amigos o que máis nos gustou foi xogar ás batallas cos de sexto A e facer fortes para protexernos.
Puxémonos mans á obra, a imaxinación estaba aí, e os materiais proporcionábaos o monte.
Pasamos de ser simples nenos a loitadores terribles, e ata construímos o noso propio forte.
O magosto e as castañas quedaron en segundo plano. Alí só importaba a sensación que estaba causando a nosa fortaleza sobre os nosos "inimigos" no xogo... E só nos quedou xogar, xogar e xogar.
Pablo R.S.