O mércores día 5 de novembro fomos ao IFEVI para ver unha exposición de réplicas de dinosauros.Durante a visita as monitoras explicáronnos moitas cousas sobre os dinosauros e sobre as etapas polas que pasou a Terra, desde que se creou ata hoxe en día, facendo especial fincapé no Cretácico, Mesozoico e Xurásico. Para entrar á exposición dividíronnos en 3 grupos. Os de 5º ían en dous grupos máis algúns de nós e no terceiro iamos os demais de 6º. Durante a visita a monitora foinos facendo preguntas sobre os dinosauros e o seu mundo e, a partis das nosas respostas facía as súas explicacións, ademais de resolver as dúbidas que nos ían xurdindo. Ao remate da visita, todos xuntos, puidemos ver unha película en 3D sobre diferentes atapas da historia de Terra. Antes de saír fixéronnos unha foto de grupo (unha a cada grupo clase). A visita foi xenial e moi divertida!
|