lunes, 7 de abril de 2014

Odaiko: o mundo da percusión

O xoves 13 de marzo o alumnado do terceiro ciclo de EP achegámonos ao Auditorio do Centro Cultural de Novagalicia Banco para asistir á representación musical do grupo de percusión Odaiko.
A proposta artística deste grupo galego céntrase na exploración da música tradicional multiétnica, na súa variante percusiva, faceta pouco traballada pola dificultade que supón a diversidade técnico-musical.
Nos seus espectáculos pódense atopar instrumentos de orixe oriental (odaikos, gongs, táboas), africanos (djembé, sabar, dum-dum), latinoamericanos (congas, bongos, maracas, caixón), galegos (bombos, pratos, tamboril, tarrañolas) e instrumentos de creación posterior como a marimba, vibráfono ou batería.