miércoles, 12 de noviembre de 2014

O pasado 12 de marzo, visitou o noso centro Núria Pradas, escritora catalá, autora do libro KOKNOM, que lemos ao longo do primeiro trimestre. O libro forma parte dunha triloxía e está ambientado na época do antigo Exipto.
A autora contestou ás preguntas que lle foron realizando os alumnos de 5º de Primaria, e a súa proximidade e simpatía fixeron que o encontro fose todo un  éxito e contribuíu a dar ánimos aos alumnos para continuar collendo gusto pola lectura.
Ao remate do librofórum a autora dedicou cada un dos exemplares, de xeito personalizado, o que os alumnos agradeceron especialmente e despedírona cunha prolongada ovación.
Ata a próxima!


Nun momento da súa intervención

Escoitando a pregunta

Dedicando un exemplar