miércoles, 17 de diciembre de 2014

Ledicia Costas

O pasado 9 de decembro achegouse ao cole a escritora Ledicia Costas para falar do seu libro: "Escarlatina, a cociñeira defunta". Este foi o libro que os rapaces e rapazas de 6º limos en galego neste primeiro trimestre.
Resultou ser un libro divertido zarrapicado de gorentosas receitas; un libro onde se mesturan vivos e mortos para ofrecernos unhas aventuras emocionantes... e ademais, gañador do último premio Merlín, ese premio tan importante que da a Editorial Xerais cada ano ao mellor libro de literatura Infantil e Xuvenil.
Foi un gran pracer compartir un anaco con Ledicia e esperamos volver a vela polo noso centro e con outra obra que nos guste tanto como esta.
Encontro con Ledicia Costas

Firmando os nosos exemplares

Ledicia Costas falando de Escarlatina