lunes, 9 de febrero de 2015

Día da Paz

Na fría tarde do día 6 de febreiro celebramos no patio o Día da Paz. As chuvias que non nos deixaron celebrar esta festividade o venres anterior deron unha tregua e todos os nenos e nenas do colexio saímos para conmemorar esta xornada.
Cada Ciclo confeccionou un vagón de tren coas cores do arco da vella e unha palabra alusiva á paz. Tamén debuxamos entre todos o símbolo da paz e cantamos a canción de Juanes "Paz, paz, paz". Salientamos así mesmo que un alumno da ESO soltou dúas pombas que voaron ben alto por riba nosa.
Sen esquecer que debemos buscar a paz todos os días do ano, esta é unha xornada especial porque é un deses días do curso en que nos xuntamos todos.