O pasado 27 de maio os alumnos e alumnas de 5º de Primaria achegámonos ao Castelo de Soutomaior para aprender algunhas cousas sobre a Idade Media en Galicia. Identificamos as diferentes partes dun castelo (murallas, patio de armas, saeteras...) e descubrimos a figura de Pedro Álvarez de Soutomaior, un personaxe fascinante da nosa historia. Ademais, gozamos dunha andaina polos xardíns do castelo onde o visitante pode atopar especies como camelios, secuoias, etc.
Pola tarde, a nosa excusión tivo unha parte máis lúdica. No Ecoparque de Marín fixemos os circuítos arbóreos que alí teñen preparados. Cos nosos arneses de seguridade e cumprindo as normas fixemos un pouco de exercicio. Foi moi divertido!!!
Cansos pero contentos do ben que o pasamos regresamos a casa despois dunha loooonga xornada.
Aquí tedes algunhas fotos:
| No interior do castelo |
| Gozando das vistas |
| Andaina polos xardíns |
| Medidas de seguridade |
| Ecoparque de Marín |
| Realizando os circuítos |
| Tirolina |
| Sen medo |
| Pendurados nas tirolinas |
| Circuítos nas árbores |
| Con dificultade pero sen medo |
| Ecoparque de Marín |
| Nas árbores |
| Sempre adiante |
| Con valentía |
| Imitando a Tarzán |
| Grandes tirolinas |
| Gozando do aire libre |
| As veces ben altos |
| Circuíto 3, un dos máis difíciles |
| Superando obstáculos |
| Xa non se podía subir máis |