domingo, 10 de mayo de 2015

Meirande e Illa de San Simón

O pasado mércores 6 de maio os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Ed, Primaria descubrimos algúns dos segredos que agocha a Ría de Vigo. Son, sen dúbida, moitas as historias que naceron nestas augas, pero ningunha tan emocionante como a da Batalla de Rande. O museo Meirande, centro de interpretación desta batalla, recibiunos con moita información acerca do que sucedeu en 1702 e que tan ben recolle Xulio Verne no seu libro "20.000 leguas de viaxe submarino". Este pequeno museo, de recente creación, ten salas dedicadas aos galeóns, con algunhas maquetas fantásticas; a vida a bordo dun navío destas características; ou a todo aquilo que se trouxo de América e que había cambiar a vida dos europeos. E por suposto, sobre a propia batalla e o tesouro que se perdeu para sempre xunto cos pecios dos barcos.
Despois, seguindo coa nosa ruta en barco, achegámonos á Illa de San Simón. Que poderíamos dicir dela que non se saiba xa. Lazareto, hospital, cárcere, residencia vacacional... a illa esconde historias fermosas e dramáticas dende as lonxanas épocas da Idade Media en que xa aparecía nas Cantigas dos trobadores.
Foi, en definitiva, unha xornada lúdica na que tamén tivemos a oportunidade de aprender un montón de cousas.
Aquí tedes unhas fotos...

No porto coincidimos con dous "barquiños"...

O noso era un pouco máis pequeno.

Pasando por debaixo de Rande

A ponte de Rande

Museo Meirande

Así vestían a comezos do século XVIII

As batallas navais debían ser terribles

Para ser buzo hai que andar con pés de chumbo

Preparados para o mergullo

Os monitores tentando que non durmamos


Illa de San Simón

Descubrindo a Illa de San Simón

Parece pequena, pero...

A ponte que une San Simón con San Antón

No medio da Ría

Isto era un cinco estrelas

Camiños na illa

O Nautilus tamén estivo aquí

Momumento a Xulio Verne

Os nosos monitores en San Simón

Descubrindo segredos

Camiño entre as árborse

Iso que está no cruceiro, será un cormorán?

Os trobadores medievais

Non hai mellores vistas da ponte