lunes, 22 de junio de 2015

Excursión de 6º a Cantabria

Os catro primeiros días de xuño, os rapaces de 6º. realizamos a excursión de fin de curso.Fomos a Cantabria, á finca El Mazo, onde gozamos duns días en contacto coa natureza e en harmonía cos nosos compañeiros, ademais de realizar multiaventura (canoas, tirolina, tiro con arco e ponte tibetana). Tamén tivemos ocasión de visitar Cabárceno, onde alucinamos coas exhibicións dos leóns mariños e das aves rapaces, ademais de marabillarnos co obradoiro de elefantes e asombrarnos coa beleza do lugar.
 Pola tarde desprazámonos ata Santillana del Mar, para coñecer a fermosa vila e realizar algunhas compras.
Xa de volta a Vigo, paramos nas covas del Soplao, onde nos sorprendemos coas marabillas que a natureza pode crear e na praia das Catedrais, onde observamos a forza do Cantábrico.
  
En Luarca, no camiño


Facendo equilibrios na ponte tibetana

Na tirolina

Escalando o rocódromo

Emulando a David Cal

Como Robin Hood!

Á auga parrulos!!!

Pousando todo o grupo en Cabárceno
Xusto antes de poñernos a consumir en Santillana del Mar


No tren, xusto antes de entrar á cova

Praia das Catedrais