Durante un bo anaco os rapaces e rapazas de 5º E.P. puidemos aprender sobre o importante que é prestar atención cando imos pola rúa, tanto como peóns como cando imos en bici. Déronnos bos consellos sobre como aumentar a nosa seguridade simplemente mirando, escoitando e pensando o que estamos a facer.