lunes, 3 de noviembre de 2014

Magosto

O día 30 de outubro foi a data elixida para celebrar o magosto. Nesta xornada todo o noso cole achegouse ao Parque Forestal de Beade para pasar alí o día. E menudo día ! O Sol acompañounos pero non facía unha calor abafante. Puidemos xogar, correr... e, por suposto, comer castañas.
Os rapaces de 5º E.P. tamén aproveitamos para facer unha pequena andaina cos nosos profes e cos compañeiros de 6º.
Foi un día xenial !!!
Andaina


As cores do outono

Baixo as raiolas do Sol